RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next e Raiola Networks asinan un convenio para as empresas asociadas

por

RS NEXT

|

26/08/2026

|

general


A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next e Raiola Networks asinan hoxe, 26 de agosto de 2026, un convenio de colaboración co obxectivo de facilitar ás empresas e profesionais asociados o acceso a servizos de hosting, dominios e infraestrutura dixital en condicións preferentes.


Este acordo supón ademais a colaboración cunha empresa nacida en Lugo e convertida nunha das compañías máis potentes e recoñecidas do sector do hosting no panorama español, reforzando os vínculos entre empresas de referencia da provincia e o tecido empresarial da Ribeira Sacra.



Vantaxes para os asociados


Grazas a este convenio, as empresas e profesionais pertencentes a Ribeira Sacra Next poderán beneficiarse de:


  1. 50 % de desconto durante o primeiro ano en todos os plans de Hosting SSD e VPS.
  2. Dominio gratuíto durante o primeiro ano, tanto no rexistro como no traslado dun dominio.
  3. Migración de contidos gratuíta, ata un máximo de 10 sitios web e 10 contas de correo electrónico por cada asociado.


Para acceder a estas condicións será obrigatorio acreditar a pertenza a Ribeira Sacra Next mediante un certificado oficial expedido pola Asociación, que deberá solicitar previamente a empresa ou profesional interesado.


Raiola Networks, tecnoloxía nacida en Lugo


*Raiola* Networks naceu en Lugo en 2014 e experimentou desde entón un importante crecemento, consolidándose como unha das empresas de referencia en España no ámbito do hosting, servidores, dominios e infraestrutura web.


A compañía ofrece solucións tecnolóxicas para empresas, profesionais e proxectos dixitais, destacando pola súa especialización en aloxamento web, servidores e infraestrutura dixital.


A súa traxectoria converte a Raiola Networks nun exemplo do potencial das empresas nacidas en Lugo para competir e posicionarse entre as compañías máis destacadas do panorama tecnolóxico español.


Con esta nova colaboración, Ribeira Sacra Next continúa ampliando a carteira de servizos, descontos e vantaxes para as súas empresas asociadas, ao tempo que reforza a colaboración con empresas referentes vinculadas ao territorio.


*Para beneficiarse do convenio é imprescindible solicitar previamente a Ribeira Sacra Next o certificado que acredite a condición de asociado.



Máis información: raiolanetworks.com


Novas relacionadas

Dende Ribeira Sacra Next seguimos facendo rede con ULTREIA
10/08/2026
A entidade dende principios do 2026 forma parte da iniciativa impulsada ao abeiro de Ultreia Galicia, que busca conectar os diferentes axentes do ecosistema emprendedor e favorecer novas op

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next asina un convenio con Elisa Fernández para impulsar a educación financeira
06/08/2026
AE Ribeira Sacra Next asinou hoxe un convenio de colaboración con Elisa Fernández, consultora financeira e integrante da Asociación.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: