por
|
|

A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next e Raiola Networks asinan hoxe, 26 de agosto de 2026, un convenio de colaboración co obxectivo de facilitar ás empresas e profesionais asociados o acceso a servizos de hosting, dominios e infraestrutura dixital en condicións preferentes.
Este acordo supón ademais a colaboración cunha empresa nacida en Lugo e convertida nunha das compañías máis potentes e recoñecidas do sector do hosting no panorama español, reforzando os vínculos entre empresas de referencia da provincia e o tecido empresarial da Ribeira Sacra.

Grazas a este convenio, as empresas e profesionais pertencentes a Ribeira Sacra Next poderán beneficiarse de:
Para acceder a estas condicións será obrigatorio acreditar a pertenza a Ribeira Sacra Next mediante un certificado oficial expedido pola Asociación, que deberá solicitar previamente a empresa ou profesional interesado.
*Raiola* Networks naceu en Lugo en 2014 e experimentou desde entón un importante crecemento, consolidándose como unha das empresas de referencia en España no ámbito do hosting, servidores, dominios e infraestrutura web.
A compañía ofrece solucións tecnolóxicas para empresas, profesionais e proxectos dixitais, destacando pola súa especialización en aloxamento web, servidores e infraestrutura dixital.
A súa traxectoria converte a Raiola Networks nun exemplo do potencial das empresas nacidas en Lugo para competir e posicionarse entre as compañías máis destacadas do panorama tecnolóxico español.
Con esta nova colaboración, Ribeira Sacra Next continúa ampliando a carteira de servizos, descontos e vantaxes para as súas empresas asociadas, ao tempo que reforza a colaboración con empresas referentes vinculadas ao territorio.
*Para beneficiarse do convenio é imprescindible solicitar previamente a Ribeira Sacra Next o certificado que acredite a condición de asociado.

Máis información: raiolanetworks.com
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades