RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next firma un convenio con Afigal

por

RS NEXT

|

06/11/2026

|

general

Ribeira Sacra Next e Afigal asinamos un convenio de colaboración para facilitar o acceso ao financiamento das nosas empresas asociadas

As nosas empresas asociadas poderán acceder a avais de ata o 100 % do financiamento en condicións preferentes e coa bonificación íntegra dos gastos de estudo.


Dende a Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next seguimos ampliando a nosa rede de colaboracións co obxectivo de ofrecer servizos e vantaxes reais ás nosas empresas asociadas. Neste marco, vimos de asinar un convenio de colaboración con Afigal, Sociedade de Garantía Recíproca, para facilitar o acceso directo das nosas empresas asociadas aos servizos financeiros e ás mellores liñas de financiamento da entidade.


A sinatura tivo lugar en Lugo o 5 de novembro de 2026, e nela participaron o noso presidente, Severino Rodríguez Díaz, e Pilar Núñez Torrón Caballero, vicepresidenta primeira de Afigal.



Ao acto asistiu tamén Iñaki Castiñeira, directivo de AERSN, que acompañou ao noso presidente na sinatura.

Afigal é unha sociedade de garantía recíproca que, dende a súa constitución, colabora co empresariado galego para facilitar o acceso ao financiamento, complementando a garantía individual de cada empresa co respaldo solidario da propia sociedade. A través deste convenio, establecemos un procedemento común para que as solicitudes das nosas empresas asociadas se canalicen dende Ribeira Sacra Next cara a Afigal para o seu estudo.


Vantaxes para as nosas empresas asociadas


  1. Avais de ata o 100 % do financiamento destinado a investimento, circulante ou reestruturación de pasivos.
  2. Operacións cun prazo de ata 120 meses, con garantías persoais e/ou hipotecarias.
  3. Bonificación da totalidade dos gastos de estudo en todas as operacións solicitadas a través da Asociación ao abeiro deste convenio.
  4. Acceso a avais financeiros en condicións preferentes a través dos convenios vixentes de Afigal coas entidades financeiras, así como a liñas para reestruturar o endebedamento e mellorar a capacidade financeira da empresa.
  5. Posibilidade de acollerse ao convenio anual do IGAPE, que habitualmente mellora as condicións xerais e subvenciona os custos financeiros durante os tres primeiros anos.
  6. Estudo áxil e individualizado de cada proposta e asesoramento especializado, cunha persoa de contacto de referencia para as nosas empresas asociadas.


En canto ás condicións económicas, a comisión de aval sitúase entre o 0,50 % e o 1,50 %, e a aportación ao capital social de Afigal, que é recuperable, oscila entre o 1 % e o 4 % do importe formalizado. Todas as operacións estarán suxeitas ao estudo e aprobación dos órganos de decisión de Afigal.


Unha alianza para impulsar o emprendemento e as pemes do territorio

Ademais dos servizos financeiros, organizaremos xunto con Afigal accións para o fomento do emprendemento e a creación de empresas, así como asesoramento empresarial a proxectos, incluída a axuda ao seu financiamento. Coa sinatura do convenio, Ribeira Sacra Next pasamos tamén a ser socio protector de Afigal.

O convenio terá unha vixencia dun ano, prorrogable automaticamente por períodos anuais.


Como acceder ás vantaxes do convenio?

As empresas asociadas interesadas poden poñerse en contacto connosco. Dende Ribeira Sacra Next actuaremos como intermediarios con Afigal e canalizaremos as solicitudes. Para aplicar a bonificación dos gastos de estudo, Afigal confirmará connosco a condición de asociado da empresa solicitante.


Con esta nova alianza, reforzamos o noso compromiso coa creación de oportunidades para as empresas do territorio e seguimos ampliando a carteira de servizos e vantaxes para as nosas asociadas, contribuíndo a unha Ribeira Sacra máis forte e competitiva.




Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next firma un Convenio con Repsol
05/11/2026
O acordo permitirá ás empresas e persoas autónomas asociadas acceder a condicións preferentes na subministración de carburantes a través da Tar

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next participa en Valdeorras nunha xornada sobre turismo sostible do proxecto europeo POST
03/11/2026
A vicepresidenta da asociación, Marisol Borrajo, e o membro da directiva Juan Luis Vázquez asistiron en representación de Ribeira Sacra Next ao encontro org

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: