por
|
|

A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil por parte de organismos intermedios sen ánimo de lucro.
A actuación, denominada “Apoio administrativo, atención ao tecido empresarial e dinamización do portal de emprego”, contempla a contratación dunha persoa moza durante 9 meses, a xornada completa, para desenvolver tarefas de apoio administrativo, atención ao tecido empresarial e colaboración na dinamización do portal de emprego da entidade.
O obxectivo da iniciativa é facilitar unha experiencia profesional que contribúa á mellora da empregabilidade da persoa contratada e, ao mesmo tempo, reforzar a capacidade de Ribeira Sacra Next para atender ás empresas, persoas candidatas e actividades relacionadas co emprego e a dinamización económica do territorio.
A actuación conta cunha subvención de 16.902,64 euros e está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, xunto coa Xunta de Galicia.
Expediente: TR349Z-2026-00000011-00.

Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades