RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next participa no RMC26 e promove os produtos e recursos do territorio

por

RS NEXT

|

27/09/2026

|

general


A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next participou na novena edición da Raiola Marketing Conference (RMC26), celebrada no recinto de Palexco, na Coruña, unha xornada dedicada ao marketing dixital, á tecnoloxía, ao emprendemento e ás novas tendencias do sector.


A asociación contou cun espazo propio no evento, desde o que puido dar a coñecer o traballo que desenvolve Ribeira Sacra Next, achegar a realidade empresarial da comarca aos asistentes e continuar promovendo a Ribeira Sacra como un territorio con empresas, recursos, talento e novas oportunidades.



A participación no RMC26 serviu tamén para dar visibilidade aos produtos e á oferta do territorio entre un público procedente de diferentes puntos de España e doutros países.


Neste contexto, durante a xornada sorteáronse dúas cestas de produtos da Ribeira Sacra preparadas por Gourmet Gallego, empresa situada en Monforte de Lemos, co obxectivo de achegar aos participantes unha mostra dos produtos e da calidade gastronómica da comarca.


Ademais, sorteouse un bono para unha estancia de dúas noites no Iberik Augas Santas Balneario & Golf, en Ferreira de Pantón, permitindo promocionar tamén a oferta turística e termal da Ribeira Sacra entre os asistentes ao encontro.


A edición deste ano deixou, ademais, unha coincidencia especialmente significativa para Ribeira Sacra Next: entre os profesionais convidados pola organización do RMC26 atopábase Brais Moure, enxeñeiro de software, desenvolvedor e divulgador natural de Chantada.



A súa presenza como relator no programa do evento foi unha oportunidade para comprobar como talento orixinario da Ribeira Sacra está presente en encontros de referencia vinculados á tecnoloxía e á innovación, ao mesmo tempo que a asociación participaba no RMC26 dando a coñecer o territorio desde o seu propio espazo.


Ao longo da xornada, a Raiola Marketing Conference reuniu profesionais e especialistas de diferentes ámbitos do ecosistema dixital, con relatorios e espazos de intercambio arredor da intelixencia artificial, a creación de contidos, as redes sociais, as vendas, o SEO, o emprendemento e os novos modelos de negocio.


Para Ribeira Sacra Next, estar presente en encontros destas características permite abrir novas conexións para as empresas da comarca, coñecer tendencias e proxectar cara ao exterior o potencial económico, empresarial e turístico da Ribeira Sacra.



Desde a asociación queremos agradecer a Álvaro Fontela e a todo o equipo de Raiola Networks a confianza depositada en Ribeira Sacra Next e a súa aposta por continuar organizando en Galicia eventos deste nivel. Somos conscientes do traballo e do esforzo que existe detrás dunha cita destas características e da súa capacidade para xerar conexións, novas ideas e oportunidades.


Parabéns a todo o equipo de Raiola Networks por esta novena edición do RMC. Xa contamos os días para a próxima! 💚

Novas relacionadas

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participa no encontro “Novas Ruralidades” sobre o futuro da mocidade rural
18/09/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou este xoves, 17 de setembro, no encontro “Novas Ruralidades”, c

Ver más ➜

Guardabosques en Donelle, un novo proxecto para impulsar o rural da Ribeira Sacra
04/09/2026
Ribeira Sacra Next acompaña á inauguración de Guardabosques en Donelle, un novo proxecto para impulsar o rural da Ribeira Sacra

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: