por
|
|

A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next participou na novena edición da Raiola Marketing Conference (RMC26), celebrada no recinto de Palexco, na Coruña, unha xornada dedicada ao marketing dixital, á tecnoloxía, ao emprendemento e ás novas tendencias do sector.
A asociación contou cun espazo propio no evento, desde o que puido dar a coñecer o traballo que desenvolve Ribeira Sacra Next, achegar a realidade empresarial da comarca aos asistentes e continuar promovendo a Ribeira Sacra como un territorio con empresas, recursos, talento e novas oportunidades.

A participación no RMC26 serviu tamén para dar visibilidade aos produtos e á oferta do territorio entre un público procedente de diferentes puntos de España e doutros países.
Neste contexto, durante a xornada sorteáronse dúas cestas de produtos da Ribeira Sacra preparadas por Gourmet Gallego, empresa situada en Monforte de Lemos, co obxectivo de achegar aos participantes unha mostra dos produtos e da calidade gastronómica da comarca.
Ademais, sorteouse un bono para unha estancia de dúas noites no Iberik Augas Santas Balneario & Golf, en Ferreira de Pantón, permitindo promocionar tamén a oferta turística e termal da Ribeira Sacra entre os asistentes ao encontro.
A edición deste ano deixou, ademais, unha coincidencia especialmente significativa para Ribeira Sacra Next: entre os profesionais convidados pola organización do RMC26 atopábase Brais Moure, enxeñeiro de software, desenvolvedor e divulgador natural de Chantada.

A súa presenza como relator no programa do evento foi unha oportunidade para comprobar como talento orixinario da Ribeira Sacra está presente en encontros de referencia vinculados á tecnoloxía e á innovación, ao mesmo tempo que a asociación participaba no RMC26 dando a coñecer o territorio desde o seu propio espazo.
Ao longo da xornada, a Raiola Marketing Conference reuniu profesionais e especialistas de diferentes ámbitos do ecosistema dixital, con relatorios e espazos de intercambio arredor da intelixencia artificial, a creación de contidos, as redes sociais, as vendas, o SEO, o emprendemento e os novos modelos de negocio.
Para Ribeira Sacra Next, estar presente en encontros destas características permite abrir novas conexións para as empresas da comarca, coñecer tendencias e proxectar cara ao exterior o potencial económico, empresarial e turístico da Ribeira Sacra.

Desde a asociación queremos agradecer a Álvaro Fontela e a todo o equipo de Raiola Networks a confianza depositada en Ribeira Sacra Next e a súa aposta por continuar organizando en Galicia eventos deste nivel. Somos conscientes do traballo e do esforzo que existe detrás dunha cita destas características e da súa capacidade para xerar conexións, novas ideas e oportunidades.
Parabéns a todo o equipo de Raiola Networks por esta novena edición do RMC. Xa contamos os días para a próxima! 💚
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades