por
|
|

Intenso mes de maio para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next que segue tendo encontros coas empresas asociadas para definir as primeiras accións a desenvolver. Proximamente daranse a coñecer os resultados destas xuntanzas de traballo común que se desenvolven no Parador de Turismo de Monforte. Entre tanto a Asociación segue aumentando o número de empresas asociadas e establecendo contactos e colaboracións que as beneficien e repercutan no territorio.
Así este venres na Adega Algueira asinouse un novo convenio de colaboración que se suma ós subscritos con A Túa Xanela, Caixabank e Gasóleos Monforte. Neste caso o convenio asinouse con Nordés Club Empresarial que en outubro de 2020 iniciaba a súa actividade para un ano despois abrir a súa sede física en Matogrande (A Coruña). Na actualidade con máis de 200 empresas socias, Nordés é unha asociación empresarial multisectorial privada que achega continente e contido, nun espazo híbrido no que se integran negocio e vida social/cultural. Un modo de atender de forma efectiva e integradora, aos retos do tecido empresarial e profesional do noroeste peninsular.
O convenio asinado este venres ten por obxecto:
Ademais da sinatura do convenio a xornada de hoxe foi un evento networking no que integrantes de ambas asociacións tiveron a oportunidade de achegarse á Ribeira Sacra cunha viaxe en catamarán e cunha cata de viños en Adega Algueira, onde integrantes dos dous colectivos intercambiaron experiencias para rematar cun xantar networking.
Severino Rodríguez, secretario da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next destacaba, “O proxecto que estamos poñendo en marcha é difícil, pero o que ten de difícil teno de imprescindible. Queremos xuntarnos para traballlar unidos/as e traballar en clave do noso territorio. Estamos convencidos de que a colaboración é o camiño para terminar cos localismos.
Hoxe somos 85 socios e aspiramos a máis. Estamos facendo as cousas ben en nuns anos podemos ser un lobby para solucionar problemas. Estou namorado deste proxecto que creo nos vai axudar moitisimo.”
Pola súa banda o xerente do Club Empresarial Nordés, Gabi Barrós, aseguraba que queren chegar a toda Galicia con convenios como este para tentar acabar co minifundismo, “Na Coruña temos 200 empresas, desde empresas líderes do seu sector a autónomos/as que poden ser as vosas colaboradoras. Con este convenio as empresas da Ribeira Sacra teredes nas instalacións de Nordés un punto de referencia. Alí estaremos para o que necesitedes, nós acabamos de estar aquí e vós podedes vir cando queirades. Imos conseguir facer grandes traballos e grandes propostas en equipo para xerar negocio e calidade de vida”.
Ventaxas para empresas asociadas a Ribeira Sacra Next:
Ventaxas para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next:
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades