RIBEIRASACRA_NEXT
Xornada de Seguros para empresas da Ribeira Sacra

por

AIE-RSNext

|

09/03/2026

|

general

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next ten entre os seus obxectivos principais ofrecer contidos e servizos de valor para as empresas asociadas. A este respecto o emprego é unha das demandas máis importantes por iso impulsar a plataforma de emprego é un dos piares fundamentais.


Outra liña de traballo importante son os obradoiros, encontros e networkings empresariais. Nos últimos meses a Asociación organizou o Foro de Talento Feminino no Rural e obradoiros para empresas sobre subvencións e seguros. A xornada de seguros celebrouse precisamente a pasada semana no Centro do Viño da Ribeira Sacra coa colaboración de Allianz. Durante o encontro abordouse a importancia de que as empresas conten con seguros de responsabilidade civil, “para ser empresas socialmente responsables acordes cos tempos actuais”.


Repasáronse tamén outro tipo de seguros de carácter colectivo e relacionados co emprego e traballadores/as, que son os que máis demandas e sinistros provocan nas empresas, con reclamacións moi importantes. Outros aspectos a debate foron os beneficios fiscais dos seguros e a súa importancia para garantir a continuidade económica da empresa ante diferentes circunstancias.


As próximas actividades que se organizan desde a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next faranse en colaboración cos distintos polos de emprendemento do territorio de Ribeira Sacra, onde a Asociación concentra a súa actividade.


Novas relacionadas

As mulleres empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica do territorio
15/01/2026
A xornada de Talento Feminino no Rural que se desenvolveu este 14 de xaneiro no Castelo de Castro Caldelas reuniu a case medio cento de persoas vinculadas coa muller, o emprego, o emprendemento, o med

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal