RIBEIRASACRA_NEXT
Xornada Potenciando os recursos da Ribeira Sacra

por

RS NEXT

|

15/04/2026

|

general

Grande acollida da xornada Potenciando os recursos da Ribeira Sacra en Nogueira de Ramuín.


Nogueira de Ramuín, 15 de abril de 2026

O Mosteiro de Santo Estevo acolleu este mércores a xornada “Potenciando os recursos da Ribeira Sacra”, que rexistrou aforo completo, evidenciando o alto interese existente arredor do desenvolvemento do territorio.


O encontro, organizado pola Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra Next xunto co Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego do Carballiño, e coa colaboración do Concello e da Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín, reuniu a profesionais, emprendedores e axentes locais.


Durante a xornada definíronse ideas e propostas concretas para abordar os principais retos do territorio, grazas á participación activa das persoas asistentes e ao traballo dinamizador do Polo de Emprendemento.


Desde a Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra púxose de manifesto a necesidade de seguir incidindo na cooperación e coordinación de todos os axentes do territorio, co obxectivo de avanzar cara a unha folla de ruta común que permita orientar e focalizar os esforzos, contribuíndo así a un desenvolvemento máis eficaz e sostible da Ribeira Sacra.


Este tipo de iniciativas consolidan espazos de traballo compartido desde os que xorden solucións reais e coñecemento útil para impulsar o futuro do territorio.

Novas relacionadas

Convenio AV10 - Departamento Xurídico AERSN
16/04/2026
A Asociación formaliza a sinatura do convenio de colaboración con AV10 Abogados A Asociación vén de formalizar a sinatura dun convenio de colaboración coa firma xurídica "AV10 Abogados", consolidando

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next no 1º Observatorio CEO sobre o Capital Humano
09/04/2026
A CEO sitúa o absentismo e a escaseza de man de obra no centro do debate empresarial.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal