por
|
|

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para beneficio das empresas asociadas. Neste caso o acordo con AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos, que xa respaldara á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next na presentación ao público do seu plan director a comezos deste ano, posibilitará ás empresas asociadas o acceso á tecnoloxía INSERE. Trátase dunha plataforma de xestión de emprego que facilitará o acceso aos profesionais que se precisan nos diferentes sectores.
O convenio asinado este venres na adega Regina Viaum entre o presidente de AEMOS, Manuel Castro e o secretario da Asociación, Severino Rodríguez, súmase aos que xa se teñen asinado con A Túa Xanela, Caixabank, Gasóleos Monforte e recentemente, Nordés Club Empresarial da Coruña.
O novo acordo, cunha vixencia de dous anos, ten por obxecto establecer un marco de colaboración entre AEMOS e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para o uso compartido da tecnoloxía da plataforma INSERE, así como para o desenvolvemento conxunto de accións formativas, de intermediación laboral e de dixitalización que favorezan a dinamización do emprego e, en xeral, o desenvolvemento socioeconómico das dúas comarcas.
Para Ribeira Sacra Next esta colaboración permitirá: dispoñer dunha plataforma tecnolóxica avanzada sen necesidade de partir desde cero, optimizando recursos; potenciar a captación e retención de talento na comarca, articular unha canle áxil para a xestión de emprego e detectar as necesidades de desenvolvemento e cualificación profesional.
Con este convenio AEMOS consolida e dá visibilidade á plataforma INSERE como referencia interterritorial, accedendo a novas oportunidades de colaboración empresarial, participando en proxectos supramunicipais e intercambiando boas prácticas e modelos de xestión cunha agrupación empresarial de amplia base multisectorial. Con todo fortalécese o posicionamento das dúas entidades como axentes dinamizadores de transformación dixital e capital humano.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades