por
|
|

O Parador de Turismo de Monforte acolleu este mércores, 1 de outubro, un encontro empresarial baixo o título, “Innovación con raíces. Emprendemento que transforma o rural". Medio cento de empresas da Ribeira Sacra déronse cita nunha nova actividade promovida pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next coa colaboración do IGAPE e do Círculo de Empresarios de Galicia.
Na benvida institucional, Emilio Rial, director xeral de Coren en representación do Círculo de Empresarios de Galicia, referiuse á necesidade de saír ao territorio e escoitar as demandas do sector empresarial, “vincular o local e o global para atender a toda a diversidade empresarial. Benvidos a esta ruta cara o futuro de Galicia”.
Pola súa banda a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, falou da Ribeira Sacra como espazo de tradición, historia e innovación e falou da importancia da colaboración púbico-privada, “o obxectivo de encontros como este é escoitar ás empresas para entre todos poder cambiar as cousas”.
Severino Rodríguez, estreábase neste acto como novo presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e agradecía a xenerosidade e o traballo feito ata agora ao frente da Asociación por Manuel Dacosta. Rodríguez fixo un chamamento á cooperación e á innovación, “cremos neste territorio, sabemos da boa vontade das empresas por colaborar e cooperar. Vaiamos por ese camiño e busquemos a innovación, non só tecnolóxica, senón innovación nos modelos de xestión e nos modelos de relación”.
Despois da benvida institucional continuaría o almorzo de traballo no que interviron Xesús Mazaira, socio fundador da queixaría Airas Moniz, e Iñaki Castiñeira, Fundador de A Tua Xanela, operador de fibra e telefonía. Ambos os dous abordaron os retos e oportunidades de emprender no ámbito rural, mostrando como a innovación e a colaboración poden impulsar proxectos con impacto económico e social.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades