RIBEIRASACRA_NEXT
Comeza a traballar a nova xerencia da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

por

AIE-RSNext

|

21/07/2025

|

general

Nesta segunda quincena de xullo comezou a prestar os seus servizos para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, David Diéguez Rodríguez, que se incorpora como xerente da Asociación.

A figura dunha xerencia foi, desde o inicio, unha necesidade prioritaria para a operatividade da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next. Buscábase un perfil moi completo e versátil para facerse cargo dun colectivo que implica a sectores moi diversos. Ao tempo, a xerencia tiña que ter un coñecemento do territorio e compartir a ilusión por este proxecto que segue materializándose.

Para iso contouse cunha empresa especializada en xestión de recursos humanos que preseleccionou ás persoas candidatas que despois pasaron un proceso de avaliación por parte dunha comisión designada pola Asociación. Deste proceso que levou varios meses, selecciouse a David Diéguez de 34 anos e natural de Lugo.

O novo xerente, que ten formación superior en Secretariado e fixo o Grao en Administración e Dirección de Empresas, desenvolveu a súa carreira na banca e en empresas de hostalaría, alimentación e distribución, tanto en España como no estranxeiro.

“Versatilidade, profesionalidade, interese, implicación e ilusión son algunhas das características que nos ofrece David Diéguez”, explica o comité avaliador. “David será a partir de agora a cara visible da Asociación e a persoa que aúne as nosas necesidades e demandas para poder darlles resposta. Comezou contrato coa Asociación o 18 de xullo e durante as próximas semanas poñerase en contacto con todas as empresas asociadas e colaborares da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next”.


Novas relacionadas

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next convoca eleccións á Xunta Directiva
29/08/2025
Este verán a Asociación daba un paso fundamental coa contratación dunha Xerencia, unha necesidade prioritaria para a súa operatividade. Buscábase un perfil moi completo e versátil para facerse cargo d

Ver más ➜

Un bautizo espectacular para a Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra coa presentación do seu Plan Director
20/02/2025
A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra vén de dar neste mes de febreiro un paso fundamental para o seu desenvolvemento coa presentación do Plan Estratéxico para a entidade.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal