por
|
|

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next segue asinando convenios que favorezan ás empresas asociadas e os obxectivos da Asociación. Así, coincidindo coa celebración en Monforte de Lemos do Foro Innovación con raíces. Emprendemento que transforma o rural, que promoveron o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, ambas entidades asinaron un convenio de colaboración e reciprocidade.
O convenio ten por obxectivos promover a colaboración mutua e o intercambio de experiencias empresariais. Facilitarase a participación en actividades e programas impulsados por ambas organizaciósn e darase visibilidade conxunta a iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico e á innovación, favorecendo redes empresariais coa cooperación rexional e local.
Beneficios de reciprocidade para as empresas asociadas:
· Acceso preferente a eventos e actividades
· Posibilidade de establecer tarifas especiais en actividades conxuntas
· Participación en espazos de networking, proxectos colaborativos e programas de formación
· Dereito a utilizar as instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia (auditorio, aulas de formación, salas de reunión, comedores privados,… para a organización de eventos).
Asinaron este convenio de colaboración por parte do Círculo de Empresarios de Galicia, Agustín Riobó, agora director xeral da institución; e por parte da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, o seu presidente, Severino Rodríguez.
Así o círculo comprométese a invitar a ribeira sacra next a participar en foros, congresos e encontros sectoriais organizados polo círculo
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades