por
|
|

PROX Consultores, novo servizo para as empresas asociadas de Ribeira Sacra Next.
Co obxectivo de ofrecer ás nosas empresas asociadas un apoio especializado na busca, análise e tramitación de axudas, Ribeira Sacra Next asinou o 31 de marzo de 2026 un convenio de colaboración con PROX Consultores, empresa especializada na xestión e tramitación de subvencións para empresas.
A través deste acordo, as empresas asociadas poden acceder a un servizo profesional de acompañamento en subvencións, desde a fase inicial de información e estudo ata a presentación da solicitude, o seguimento do expediente e a xustificación final. O convenio tamén recolle un 10% de desconto nos custos de PROX para os proxectos que cheguen a través da asociación.
Que vantaxes ofrece este convenio ás empresas asociadas?
Como traballa PROX Consultores?
PROX acompaña á empresa en todas as fases do proceso: identifica as axudas máis axeitadas, realiza un estudo previo de viabilidade, asesora sobre a documentación necesaria, prepara e presenta a solicitude, fai o seguimento do expediente, atende os requirimentos da administración e presta apoio na xustificación final da subvención.
👉 Máis información na web: https://proxconsultores.com/
As empresas asociadas interesadas neste servizo poden contactar con Ribeira Sacra Next para ampliar información e coñecer as condicións de acceso ao convenio.
Ver todos os convenios: https://ribeirasacranext.gal/convenios
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades