RIBEIRASACRA_NEXT
Fomentando a transmisión de negocios

por

RS NEXT

|

24/03/2026

|

general

A Asociación de Empresas da Ribeira Sacra, en colaboración co Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Monforte de Lemos, organizou recentemente a xornada “Fomentando a transmisión de negocios”, unha actividade centrada nas oportunidades que ofrece a remuda xeracional no tecido empresarial.


O Polo de Monforte de Lemos, que presta apoio a persoas emprendedoras e empresas de toda a contorna da Ribeira Sacra, traballa precisamente para impulsar a creación, continuidade e consolidación de proxectos empresariais no territorio.


A sesión resultou moi interesante, dinámica e participativa, converténdose nun espazo de encontro no que compartir experiencias, resolver dúbidas e coñecer ferramentas clave para garantir a continuidade de negocios xa en funcionamento.


Dende a Asociación queremos agradecer a implicación de todas as persoas asistentes, así como a colaboración do Polo de Emprendemento de Monforte de Lemos, reafirmando o noso compromiso co impulso do emprendemento e co fortalecemento do tecido empresarial da Ribeira Sacra.

Novas relacionadas

Dende Ribeira Sacra Next seguimos facendo rede con ULTREIA
10/08/2026
A entidade dende principios do 2026 forma parte da iniciativa impulsada ao abeiro de Ultreia Galicia, que busca conectar os diferentes axentes do ecosistema emprendedor e favorecer novas op

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next asina un convenio con Elisa Fernández para impulsar a educación financeira
06/08/2026
AE Ribeira Sacra Next asinou hoxe un convenio de colaboración con Elisa Fernández, consultora financeira e integrante da Asociación.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: