RIBEIRASACRA_NEXT
Subvencións e seguros para empresas nas próximas xornadas informativas de Ribeira Sacra Next

por

AIE-RSNext

|

09/12/2025

|

general

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de información o Plataforma de Emprego que está poñendo en marcha a través das súa web (ribeirasacranex.gal), programa un foro de emprendemento feminino para xaneiro e segue organizando xornadas informativas para o sector empresarial.


Despois de celebrar en outubro unha xornada informativa sobre o programa de facturación, Verifactu, para empresas e autónomos/as; a seguinte proposta será un taller sobre subvencións para as empresas galegas no ano 2026.


A actividade terá lugar o martes, 16 de decembro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos. Desde as 11:00h levarase a cabo por parte de PROX Consultores unha explicación das axudas ás que poderán acceder as empresas galegas para Investimento, Adegas, Rural, Emprendemento, Traballo, Turismo ou Dixitalización. Os técnicos encargados de ofrecer a charla aclararán as dúbidas e preguntas que poidan xurdir e rematará a xornada formativa con sesión de networking entre as persoas asistentes.


A participación neste taller, que se densevolverá en modalidade mixta (presencial e online), é gratuíta e está aberta á participación das empresas e autonómos/as interesados/as, que deben inscribirse antes do 15 de decembro, a través deste enlace.


Xa o martes, 20 de xaneiro, celébrase un novo taller sobre seguros para empresas e autonómo/as. A actividade desenvolverase no Centro do Viño da Ribeira Sacra e tamén gratuíta podendo participar as persoas interesadas presencialmente ou online.


Novas relacionadas

A accesibilidade á vivenda inflúe na cantidade de man de obra que se incorpora a un territorio como a Ribeira Sacra
21/11/2025
I Foro de Emprego Ribeira Sacra e estrea do primeiro Portal de Emprego específico para a zona

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next organiza para o 20 de novembro o I Foro de Emprego Ribeira Sacra
14/11/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next promove a celebración do I Foro de Emprego Ribeira Sacra. A actividade levarase a cabo o xoves, 20 de novembro en horario de 10.30h a 13:30h no Centro do Vi

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal