RIBEIRASACRA_NEXT
Traballo colectivo da Asociación Ribeira Sacra Next para a súa posta en marcha, atendendo ás necesidades reais das empresas asociadas

por

AIE-RSNext

|

22/05/2025

|

general

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next prepara neste mes de maio a súa posta en funcionamento, definindo entre todas as empresas asociadas, as primeiras accións a desenvolver. Para iso celébranse no Parador de Turismo de Monforte de Lemos unhas xornadas de traballo con dinámicas de participación grupal para identificar conxuntamente as principais necesidades e prioridades dos socios e do territorio.

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas, número adecuado para poder desenvolver este tipo de dinámicas grupais que están guiadas polo equipo redactor do Plan Estratéxico da Asociación.

Ao remate destas xornadas contarase con 8 liñas básicas de actuación e a prioridade a darlle a cada unha. “A Asociación terá así cun plan de acción para as necesidades reais dos asociados, resultado dun proceso participativo onde cada integrante da asociación aporta a súa visión”, explica o secretario da Asociación, Severino Rodríguez.

Estas xornadas grupais para asociados son resultado do Plan Estratéxico que a Universidade da Coruña levou a cabo para a Asociación e que se presentaba no restaurante Don Manuel, en febreiro deste ano coa asistencia de case 200 persoas interesadas na actividade que desenvolve este colectivo empresarial.

Tamén neste mes de maio confirmábase a forma xurídica definitiva coa que se traballará, déixase Agrupación de Interese Económico (AIE) para denominarse: “Asociación de Empresas Ribeira sacra Next”.

Parte do equipo da Asociación avanza tamén no proceso de selección para a Xerencia. A empresa que xestiona ás candidatas e candidatos xa enviou os perfiles que máis se adaptan ás necesidades da Asociación e nos próximos días comenza o proceso de selección, no que pode participar tamén calquera empresa asociada que o desexe.

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next presentará próximamente a web con información das empresas asociadas e onde atopar toda a actualidade das iniciativas desenvoltas. Mentres as empresas interesadas en formar parte da Asociación deben rexistrarse a través da web

https://ribeirasacranext.gal/home e despois contactaranas desde a Asociación.


Novas relacionadas

Convenio de colaboración entre o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
09/10/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next segue asinando convenios que favorezan ás empresas asociadas e os obxectivos da Asociación.

Ver más ➜

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e AEMOS asinan convenio para o uso compartido de INSERE, plataforma de xestión de emprego
11/07/2025
O convenio asinado este venres na adega Regina Viaum entre o presidente de AEMOS, Manuel Castro e o secretario da Asociación, Severino Rodríguez, súmase aos que xa se teñen asinado con A Túa Xanela, C

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal