por
|
|

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra vén de dar neste mes de febreiro un paso fundamental para o seu desenvolvemento coa presentación do Plan Estratéxico para a entidade. O acto desenvolveuse o pasado xoves, día 13, no restaurante Don Manuel de Monforte contando coa participación de case 200 persoas, principalmente representantes de empresas e autonónomos/as. Tamén houbo representación das Administracións que colaboran co proxecto, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Vicepresencia da Deputación de Lugo e Concellos da Ribeira Sacra.
Manuel Dacosta, presidente da Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra, aseguraba, que fora un día moi especial para a Agrupación, “Esperamos que este paso que acabamos de dar sexa importante no impulso de todo o territorio e que co tempo este acto sexa historia da Ribeira Sacra. Noraboa a todas as empresas e persoas que confiaron desde o comezo na importancia de traballar desde a unión”.
O documento foi presentado polo director do Plan Estratéxico, José Pablo Abeal Vázquez, da área de Economía financieira e contabilidade da Universidade da Coruña, encargada da execución do plan.
O traballo desenvolveuse durante boa parte do 2024 a través do contacto cos axentes sociais do territorio. O resultado ofrece interesantes datos económicos e sociais da Ribeira Sacra, que veñen a confirmar a necesidade de agruparse para facer fronte ás necesidades comúns do tecido empresarial.
A unha situación de crise demográfica cun importante envellecemento da poboación cunha reducida e desequilibrada dimensión empresarial; engádese a limitada capacidade inversora do sector e a escasa internacionalización cunha absorción de emprego limitada.
Así, a Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra terá como misión fomentar a colaboración empresarial na Ribeira Sacra e o seu desenvolvemento económico. Trátase de aunar as vontades empresariais e implicar aos axentes do territorio para crear un sistema de colaboración e intercambio de coñecemento e experiencias para favorecer o desenvolvemento económico. Atender as necesidades de formación e de empego para as empresas será un piar fundamental da actividade.
O Plan recolle a importancia deste primeiro ano no que a Agrupación elixirá unha Xunta Directiva que porá en marcha unha Xerencia profesional. Tamén neste ano será importante o labor comunicativo para seguir aumentando a masa asociativa.
As xestións feitas ata agora pola Agrupación, que ten confirmada a colaboración da Deputación de Ourense, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e de case todos os concellos do territorio da Ribeira Sacra, posibilita a suficiencia financieira do proxecto e faino sostible a longo prazo, tal e como recolle o Plan Director.
A Agrupación que vén traballando desde o comezo coa páxina web ribeirasacranext.gal para inscricións e información básica, presentará próximamente a web definitiva coa que se poderán coñecer polo miúdo ás empresas asociadas e as actividades e proxectos nos que traballa o colectivo. Tamén cara a primavera prográmase a celebración dun Networking entre as asociadas para seguir afondando nas necesidades e propoñendo iniciativas para corrixilas.
Para debater sobre este proxecto de carácter eminentemente empresarial intervirían na presentación xunto a José Pablo Abeal Vázquez, María del Mar Martínez Pacheco e Severino Rodríguez Díaz, vogal e secretario da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra, respectivamente e Manuel Castro Álvarez e Francisco Domínguez Pérez presidente e xerente da Asociación de Empresarios de Mos. AEMOS foi convidada á presentación pola colaboración que vén prestando á iniciativa empresarial da Ribeira Sacra e para dar a coñecer a súa experiencia con máis de 30 anos de existencia no labor asociativo. Integran a asociación 320 empresas repartidas ao longo do eixo industrial Vigo-Mos-Porriño, xunto a outras non vinculadas, pero que demandan os seu servizos. Aemos é hoxe un interlocutor recoñecido ante as diferentes administracións, axente de promoción industrial e de dinamización socioeconómica na súa área de influencia.
O remate do acto faríase cuns petiscos e viño da DO Ribeira Sacra. O secretario da Agrupación, Severino Rodríguez, concluía, “A presentación deste Plan Director para a Agrupación confirma o esforzo feito e énchenos de ilusión para seguir camiñando. Coa cantidade de persoas que nos acompañou durante a presentación estou convencido de que podemos ser o motor de cambio no ámbito económico e social da Ribeira Sacra”.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades